As bruxas de Salem
Estrea en España da produción do Teatro Nacional São João en colaboración co Centro Dramático Galego

O Auditorio de Galicia acolle a representación da obra de Arthur Miller As bruxas de Salem, con dirección de Nuno Cardoso, nunha función promovida en colaboración co Centro Dramático Galego. A obra está baseada na persecución e xuízo por bruxería na pequena comunidade americana de Salem no ano 1692. Persecucións que non están baseadas na verdade, senón en rumores e mentiras que teñen a intención de facer dano entre os inocentes, conseguido que ninguén este a salvo de vinganzas.
Estreada en 1953, As bruxas de Salem foi pensada en paralelo á escuridade da época do macartismo, no que o país enteiro foi consumido por unha febre anticomunista que tamén acabou afectando ao propio autor da obra, Arhur Miller, que foi acusado de simpatías comunistas polo cineasta Elia Kazan. Dende o seu epicentro –unha fascinación primaria pola paranoia, que sacrifica individuos na súa furia colectiva– hoxe resoan múltiples ecos. Con ela Nuno Cardoso continúa a súa investigación sobre os fundamentos da vida comunitaria, noutro ensaio sobre a cegueira do home social. De novo Miller: “Por debaixo das cuestións sobre a xustiza, a obra descobre un caldo letal de sexualidade ilícita, medo ao sobrenatural e manipulación política”.
De Arthur Miller
Director: Nuno Cardoso
Elenco: Ana Brandão, Carolina Amaral, Joana Carvalho, Jorge Mota, Lisa Reis, Mário Santos, Nuno Nunes, Paulo Freixinho, Patrícia Queirós, Pedro Frias, Sérgio Sá Cunha
Tradución: Fernando Villas-Boas Escenografia: F. Ribeiro
Deseño de luz: Nuno Meira
Música e deseño de son: João Oliveira
Vídeo: Luís Porto
Movemento: Roldy Harrys
Vestiario: TNSJ
Axudante de dirección: Pedro Nunes
Produción: Teatro Nacional São João
Esta produción conta co apoio do Gobierno de España, a través do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, Acción Cultural Española, AECID e o Instituto Cervantes; do Governo da República Portuguesa a través dos departamentos de Negócios Estranxeiros e Cultura, do Gabiente de Estratégia, Planeamento e Avaliação Culturais GEPAC, a Embaixada de Portugal en Madrid, Cultura Portugal o Instituto Camões e o Teatro Nacional São João; da Xunta de Galicia a través do Centro Dramático Galego; da União de Teatros de Europa, e Portugal-Espanha 50 anos Cultura e Democracia.