Share
19/07/2026 - 19:00h | Auditorio Manuel María da Casa da Cultura | Ribadavia

Berenguela na gaiola

  • Un espectáculo de Xarope Tulú e Galeteatro coproducido polo Centro Dramático Galego, a Casa Museo Manuel María e o FIOT de Carballo

Berenguela na gaiola

Función programada dentro da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Sinopse:

Nunha residencia da terceira idade, tres persoas maiores, Berenguela, Aurora e Tomás, deciden representar a obra Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María. A través deste xogo teatral, recuperan a ilusión, a voz e a liberdade que a sociedade lles nega. A proposta, chea de humor e crítica, establece un diálogo entre xeracións e reivindica o dereito a existir con dignidade en todas as etapas da vida. O teatro convértese aquí en ferramenta de rebelión e soño compartido, recuperando a forza do espírito do monte.

Gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e de dous Premios María Casares na 30ª edición en Mellor Espectáculo Infantil e Mellor Adaptación.

Ficha artística:

Dirección: Paula Carballeira
Dramaturxia: Paula Carballeira e Manuel María 
Espazo sonoro: Xabier Bértolo
Caracterización: Lorena Calvo
Iluminación e escenografía: Nicolás Zamorano
Deseño gráfico, fotos e vídeos: Sol Álvarez
Elenco: Alba Bermúdez, Tone Martínez e Atenea García
 

Entradas a través da web da MIT Ribadavia