Share
19/07/2026 - 17:30h | Carballeira de Parga | Guitiriz

Meiga Belmonte: bruxa en prácticas

  • Un espectáculo de maxia para público familiar

Meiga Belmonte: bruxa en prácticas
Cultura no Camiño

Bruxa en Prácticas é un espectáculo de maxia que combina ilusionismo, humor e reflexión social. A protagonista, unha moza aprendiza de bruxa, embárcase nunha viaxe máxica chea de desafíos e aprendizaxes con moito humor. 

A través dos seus trucos de maxia, desmonta estereotipos de xénero e promove a igualdade, demostrando que a maxia non ten xénero e que todos podemos ser protagonistas da nosa propia historia.