Share
10/08/2025 - 19:00h | Centro Sociocultural de San Cosme | Barreiros

Bailen as vellas. Os contos das cereixas

  • Espectáculo de teatro a cargo de Xarope Tulú

Bailen as vellas. Os contos das cereixas
Cultura no Camiño

Unha proposta de narración oral para público adulto que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral co gallo das Letras Galegas 2025. As narradoras Atenea García e Vero Rilo trasladan ao escenario o legado e a voz das que non calaron, das que cantaron e bailaron. Os contos ás veces son coma as cereixas, cando botas un á boca parece imposible deixar de botar máis. E así, coma a vida e a amizade, nace esta proposta: botando os contos á boca, un detrás do outro.