Share
09/09/2023 - 20:00h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Arte

  • Espectáculo de Hipócrita Teatro dentro do XXII Festival de Teatro Agustín Magán

Hipócrita Teatro

A partir da obra de Yasmina Reza, o espectáculo constrúese con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, sabe dicirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos.

Veremos como, en cuestión dunha semana e por un motivo aparentemente trivial, tres amigos fan saltar polos aires unha relación de vinte anos, comportándose como nacións en guerra: alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero. Axiña, todo isto mostraranos a fraxilidade das relacións humanas. A incapacidade para entender e para amar por riba dos nosos propios prexuízos.

Organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), o Festival Agustín Magán nace no ano 2001 co propósito de promover as mellores montaxes teatrais dos grupos afeccionados federados. As obras que participan cada ano, en total 6, son seleccionadas por un xurado e representan as propostas máis interesantes dos grupos federados das catro provincias galegas.