Share
28/07/2026 - 12:00h | CPI dos Dices | Rois

Antuán de la Cream

  • Espectáulo de novo circo a cargo do clown Antuán de la Cream

Antuán de la Cream
Cultura no Camiño

Se existe unha montaña rusa do riso, esa é Antuán de la Cream. O espectáculo que presenta é unha viaxe humorística ao máis puro estilo Clown. Nel oscilará dende a serenidade ao nerviosismo, provocando gargalladas que acompañarán ao seu público por este periplo onde Antuán case nunca perde o control…

A naturalidade e o saleiro desta personaxe logran conectar velozmente co público. Coa inquietude que o caracteriza, e como bo amante da improvisación, a este pallaso encántalle verse en problemas e facer da resolución destes o momento triunfal da velada.

Un carrusel de emocións do que ninguén quererá baixarse.

“Antuán de la Cream é ao circo o que a auga é á vida, algo imprescindíbel e tremendamente fresco." - María von Touceda