Share
28/07/2026 - 11:30h | Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey | O Grove

Circo na casa

  • Espectáculo de novo circo a cargo de MeRe Clown

Circo na casa
Cultura no Camiño

Para este clown os roles entre homes e mulleres non están marcados. As tarefas domésticas din que hai que repartilas e non son aburridas en absoluto, pero… son tan doadas como parecen?

Con moitas torpezas, humor e malabares ou equilibrios con “cousas de andar por casa” seguro que este circo ten arranxo!

Un espectáculo en prol da igualdade que busca concienciar sobre a importancia de colaborar nas tarefas domésticas a través do xogo e a imaxinación.