A alquimista
Flora, ou máis coñecida como a “alquimista”, foi unha aprendiz do famoso Mago Merlín. A miúdo lembra aqueles tempos de liberdade en Miranda ao carón de seu irmán Dauro e a gatiña Simona. Tiveron que fuxir daquelas terras porque moitos consideraban a Dauro “diferente”: el só se comunica co seu saxo, a través da música. Tras unha longa viaxe e moi ao pesar do Mago Merlín, deciden partir para refuxiarse na Vila de Mánduas, nun acubillo cabo da Ponte da Pena. Ela coida de seu irmán con moito agarimo e dedicación. Nun afán por mellorar a súa vida experimenta con apócemas e herbas e sen ela sabelo moitas destas descubertas serán empregadas na medicina actual. Levan anos sen que ninguén coñeza o seu paradoiro...mais un bo día alguén está a piques de atopalos...