23/12/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
1983: a fábrica
Espello Vídeo Cine, 1983
Espello Vídeo Cine: unha crónica da Galicia dos oitenta
Sexta e última das proxeccións dedicadas á empresa Espello Vídeo Cine. Proxéctanse tres vídeos industriais das empresas JEALSA, Estrella Galicia e GOA (xermolo de Inditex); filmados todos en 1983. O sector conserveiro, o cervexeiro e o téxtil; tres das actividades que seguen a xerar maior emprego en Galicia e que configuran de xeito imprescindible o noso tecido empresarial.
Tras o visionado, o produtor Xosé Xoán Cabanas Cao recordará estas filmacións e compartirá co público algunhas anécdotas sobre as mesmas.