Share

Xornada formativa 'Accesibilidade e inclusión: visibilizar, sensibilizar, formar e compartir'. Inscrición ata o 17 de abril

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas - Escena Galega organizan a xornada formativa Accesibilidade e inclusión: visibilizar, sensibilizar, formar e compartirque terá lugar o 30 de abril de 2025 no Auditorio do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

Esta iniciativa gratuíta está dirixida a responsables de espazos escénicos e a entidades profesionais dedicadas á produción escénica, que poderán inscribirse ata o 17 de abril a través deste FORMULARIO.