Subvencións á produción e coprodución de proxectos audiovisuais: modificación das bases e ampliación do prazo
Publícase no DOG nº 35, do 20 de febreiro de 2025, a modificación das bases reguladoras das subvencións de 2025 para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos (código de procedemento CT207A), que implica a ampliación do prazo de solicitude ata o 20 de marzo de 2025.
Modifícase tamén a redacción do artigo 9, número 2, punto 2.3.6, no último guión, para substituír a exixencia da presentación dos certificados de investimento por futuras operacións de desgravación fiscal xunto cun aval bancario ou cun aval dunha sociedade de garantía, por:
-Documentación xustificativa das operacións de desgravación fiscal que puidesen corresponder se é o caso.
- Máis información no apartado de subvencións da web