Share

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: corrección de erros á convocatoria

Publícase no DOG nº 99, do 29 de maio de 2026, a corrección de erros á Resolución do 29 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de artes escénicas e musicais, e se convocan para o ano 2026:

Advertido un erro na páxina 28215, no artigo 20.3, onde di: «Para os proxectos subvencionados con data de realización entre o 1 de novembro e o 1 de maio, o prazo de xustificación remata o 1 de xuño de 2026.», debe dicir: «Para os proxectos subvencionados con data de realización entre o 1 de novembro de 2025 e o 1 de maio de 2026, o prazo de xustificación remata o 30 de agosto de 2026.».