Share

Sesión Galicia ProFilme: MEDIA como ferramenta de traballo no guión e na dirección

 

Sesión MEDIA

 

Galicia ProFilme, o noso programa de formación para profesionais da industria audiovisual galega, acolle o martes 19 de setembro unha nova sesión dedicada ás oportunidades que o subprograma MEDIA de Europa Creativa lles ofrece ás e aos profesionais do guión e da dirección. 

Data e horario: martes 19 de setembro, ás 18,00 h

Lugar: Cidade da Cultura de Galicia (Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia). Monte Gaiás, s/n. Santiago de Compostela

Imparte: Peter Andermatt, director da Oficina MEDIA España

Inscrición: gratuíta, enviando un correo electrónico a audiovisual.agadic [at] xunta.gal

Contido: O subprograma MEDIA de Europa Creativa dispón actualmente de máis fondos que nunca antes. Isto repercute nun investimento crecente no desenvolvemento de proxectos audiovisuais, en produción de contidos para TV/Online e en todo tipo de actividades formativas e de networking, redes etc.

En paralelo, a demanda de contidos segue a medrar. O valor do talento creativo también vai en aumento. E, por riba disto, España está "de moda" no taboleiro audiovisual internacional.

Para poder aproveitar estas tendencias sendo profesional creativo, MEDIA ofrece una serie de ferramentas de traballo moi útiles. Peter Andermatt explicará cales son e que se necesita dos creativos á hora de compoñer os expedientes para solicitar axudas ao programa, ademais de como gañar en competitividade para "vender" os proxectos.

Sesión organizada xunto á Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) e a Oficina Media España, coa colaboración da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI).