Share

Rede Galega de Teatros e Auditorios: prazo para realizar a programación do primeiro semestre de 2026

Abrimos do 24 de novembro ao 12 de decembro de 2025 o prazo para que os espazos asociados á Rede Galega de Teatros e Auditorios configuren a programación do primeiro semestre de 2026. O período de contratación abrangue do 10 de xaneiro ao 30 de xuño de 2026.

O deseño da súa carteleira ao abeiro deste circuíto autonómico realízase a través da plataforma www.galescena.gal, a partir das propostas inscritas previamente nela.