Share

Rede Galega de Teatros e Auditorios: prazo para realizar a programación do segundo semestre de 2025

O prazo para que os espazos asociados á Rede Galega de Teatros e Auditorios configuren a programación do segundo semestre de 2025 permanecerá aberto do 16 de xuño ao 1 de xullo de 2025. O período de contratación abrangue do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2025.

O deseño da súa carteleira ao abeiro deste circuíto autonómico realízase a través da plataforma www.galescena.gal, a partir das propostas inscritas previamente nela.