Rede Galega de Teatros e Auditorios: prazo para realizar a programación do segundo semestre de 2026
Abrimos do 4 ao 26 de xuño o prazo para que os espazos asociados á Rede Galega de Teatros e Auditorios configuren a programación do segundo semestre de 2026. O período de contratación abrangue do 11 de xullo ao 6 de decembro de 2026.
O deseño da súa carteleira ao abeiro deste circuíto autonómico realízase a través da plataforma www.galescena.gal, a partir das propostas inscritas previamente nela.
Incorpórase como escenario asociado para este período o Auditorio Municipal de Marín. O directorio actualizado de espazos e dos seus responsables está tamén dispoñible no apartado específico de galescena.