Share

Rede Galega de Teatros e Auditorios: inscrición de espectáculos escénicos e concertos para o primeiro semestre de 2025

Ábrese do 17 de outubro ao 4 de novembro de 2024 o prazo de inscrición de espectáculos escénicos e concertos no catálogo da Rede Galega de Teatros e Auditorios a partir do que os responsables dos espazos adheridos configurarán a programación do primeiro semestre de 2025 ao abeiro do circuíto autonómico. O trámite realízase a través do portal www.galescena.gal.