Focus Galicia 2023: modificación das bases e ampliación do prazo
Publícase a Resolución do 31 de xullo de 2023 pola que se modifican as bases reguladoras do procedemento de selección dez proxectos musicais para a contratación doutros tantos showcases no marco do evento Focus Galicia 2023 nos puntos relativos aos epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e ao límite de propostas que se poden presentar por cada banda ou solista.
Ademais, amplíase o prazo de solicitude ata o 10 de agosto ás 23.59 h. Este novo prazo non afecta á admisibilidade das solicitudes xa presentadas, que non terán que ser presentadas de novo.