Share

Curso 'Deseño de programacións de artes escénicas en Galicia'

Curso Deseño Programación Artes Escénicas

 

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega  de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) lanza unha oferta formativa que se vai desenvolver todos os martes, desde o 9 de abril ata o 21 de maio, cun itinerario distribuído en sete sesións presenciais e online nas que 23 docentes de referencia neste ámbito en Galicia desenvolverán unha ampla proposta de contidos dirixidos a dotar ao sector de recursos que lles permitan asumir con solvencia o deseño de programacións de calidade e mellorar a oferta de espectáculos de artes escénicas para  os seus públicos.