Curso 'Deseño de programacións de artes escénicas en Galicia'

Deseño de programacións de artes escénicas en Galicia

O curso Deseño de programacións de artes escénicas en Galicia, promovido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, desenvólvese en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) co obxectivo de cubrir un baleiro formativo no sector e mellorar a oferta de artes escénicas en Galicia.

 

Trátase dunha formación gratuíta que conta con certificado de aproveitamento e está dirixida a profesionais responsables de seleccionar, contratar e exhibir espectáculos de artes escénicas, tanto no ámbito público como no privado. O itinerario formativo está distribuído en sete sesións presenciais e online nas que 23 docentes de referencia neste ámbito en Galicia desenvolverán unha ampla proposta de contidos dirixidos a dotar ao sector de recursos que lles permitan asumir con solvencia o deseño de programacións de calidade, incentivar novos modelos que dean cabida á riqueza e diversidade actual de propostas, propiciar unha relación enriquecedora entre todos os axentes deste ámbito e fomentar a conexión entre artes escénicas e públicos.

 

A quen vai dirixido? 

Profesionais responsables da programación artes escénicas en entidades públicas e privadas, profesionais das artes escénicas en compañías e distribuidoras, profesionais da xestión cultural, artistas, estudantes (ESAD, Grao en Xestión Cultural da USC); e calquera persoa que acredite responsabilidades na programación de espectáculos de artes escénicas en Galicia.

Modalidade 

Mixta (presencial e en liña).

Lugar 

As sesións presenciais impártense no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

Datas 

Do 9 de abril ao 21 de maio de 2024.

Duración 

42 horas. Asistencia mínima obrigatoria para a obtención da certificación: 85% (35 horas).

Inscrición 

Gratuíta en xestoresculturais.gal. Prazas limitadas. Ata o 1 de abril.

Programa 

Descarga o programa completo en PDF 

Share