Share

Ciclo de conversas 'Entre formas e palabras': inscrición aberta para a sesión do 13 de maio

 

entre formas e palabras

 

Aberta a inscrición gratuíta na primeira das conversas de Entre formas e palabras, ciclo organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Paideia Galiza como parte do primeiro programa integral de formación especializada en emprendemento para artistas de danza e artes do movemento:

As novas linguaxes nas artes do movemento

Martes, 13 de maio 2025

De 18:00 a 20:00h

A Coruña. Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita, 17)

Relatores

  • Jesús Carmona. Danzaor e coreógrafo.
  • Daniel Rodríguez. Bailarín e creador galego.

Showcase

  • Julia Laport. Coreógrafa e codirectora de Elahood, compañía de danza urbana e creación contemporánea, e do Colectivo D’elas.