Share

Ciclo de conversas 'Entre formas e palabras': inscrición aberta para a sesión do 26 de xuño

entre formas e palabras

Aberta a inscrición gratuíta na segunda das conversas de Entre formas e palabras, ciclo organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Paideia Galiza como parte do primeiro programa integral de formación especializada en emprendemento para artistas de danza e artes do movemento:

A arte de narrar o movemento

Xoves, 26 de xuño de 2025

De 18:00 a 20:00 h

Cidade da Cultura de Galicia. Edificio Fontán (sala de eventos)

Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela

Relatorios:

  • Mercedes L. Caballero. Xornalista e crítica de danza no xornal El País e na Revista Godot. Escritora e profesora.
  • Afonso Becerra de Becerreá. Dramaturgo, director de escena, docente e investigador. Director de Erregueté, Revista Galega de Teatro.

Showcase:

  • Marta Alonso Tejada. Bailarina, actriz, directora escénica e xestora cultural.