Ciclo de conversas 'Entre formas e palabras': inscrición aberta para a sesión do 3 de outubro no Festival 6coreógrafas da Estrada
Aberta a inscrición gratuíta na quinta das conversas de Entre formas e palabras, ciclo organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Paideia Galiza como parte do primeiro programa integral de formación especializada en emprendemento para artistas de danza e artes do movemento:
DA IDEA AO ESCENARIO: CREACIÓN
Venres 3 de outubro 2025
18:00-20:00 h
Festival 6coreógrafas. A Estrada
Relatorios:
- Paloma Muñoz. Coreógrafa, bailarina e directora da Compañía Siberia.
- Rut Balbís. Creadora, coreógrafa e docente en danza contemporánea.
Showcase:
- Ollos cara adentro, da compañía iXa (Elena Castellanos e Marc Fernández)