Ciclo de conversas 'Entre formas e palabras': inscrición para a última sesión (24 de outubro na Filmoteca de Galicia)
Aberta a inscrición gratuíta na sexta e última conversa de Entre formas e palabras, ciclo organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Paideia Galiza como parte do primeiro programa integral de formación especializada en emprendemento para artistas de danza e artes do movemento:
A DANZA NO OLLAR DO CINE
Venres 24 de outubro 2025
18:00-20:00h
Filmoteca de Galicia (rúa Durán Loriga, 10. A Coruña)
Relatorios
- Derek Pedrós. Realizador e fotógrafo especializado en danza e arquitectura.
- Mikel Arístegui . Director artístico de SIL Producciones-Artes en movimiento. Bailarín, coreógrafo e xestor cultural.
Showcase
- Marghe Morello. Danza no foco: serie de 10 cápsulas visuais que retratan o panorama da danza contemporánea galega.