Ciclo de conversas 'Entre formas e palabras': inscrición aberta para a sesión do 18 de setembro en Lugo
Aberta a inscrición gratuíta na cuarta das conversas de Entre formas e palabras, ciclo organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Paideia Galiza como parte do primeiro programa integral de formación especializada en emprendemento para artistas de danza e artes do movemento:
Danza sen fronteiras: un diálogo entre estilos
Xoves, 18 de setembro de 2025
De 18:00 a 20:00 horas
Lugo
Delegación Territorial da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo. Ronda da Muralla, 70, 1º andar
Relatorios:
- Israel Galván, bailaor e coreógrafo de flamenco
- Fran Sieira, bailador e coreógrafo galego
Presentadora / moderadora:
- Paula Quintas, bailarina, artista circense, coreógrafa, pedagoga e xestora cultural
Showcase:
- Alumnado de 5º do CDAN Conservatorio Profesional de Danza de Lugo