Selección de 23 intérpretes para a temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego: bases e convocatoria
Publícase no DOG nº 104 do 3 de xuño de 2025 o Anuncio do 27 de maio de 2025 polo que se lle dá publicidade á convocatoria e ás bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, de vinte e tres (23) prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) da Axencia Galega das Industrias Culturais no período 2025-2026.
- Prazo de solicitude: do 4 ao 18 de xuño de 2025 (15 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación).
- Convocatoria e bases