Selección de 23 intérpretes para a temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego: listaxe provisonal de persoas admitidas e excluídas ás probas
Publícase o Acordo do 27 de xuño de 2025 do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego do Departamento de Produción Teatral no período 2025-2026, polo que se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas á participación nas probas da segunda fase.
Celebraranse en Santiago de Compostela, nas seguintes datas:
- Hamlet: días 11, 12, 14 e 15 de xullo
- Memorias dun neno labrego: 16 e 17 de xullo