Selección de intérpretes para a temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego: listaxe definitiva de persoas admitidas ás probas, instrucións (lugar, datas, horarios, contidos) e textos
Publícanse o Acordo do 4 de xullo de 2025 do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego, polo que se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas da segunda fase, así como os documentos anexos nos que se especifican lugar, datas, horarios, contidos e textos das probas.