III Bolsa de Dramaturxia e Creación: nomeamento da comisión de valoración dos proxectos de coprodución
Publícase a Resolución do 6 de xuño de 2025 de nomeamento da comisión de valoración do proceso de selección para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral para a temporada 2025-2026 a partir do proxecto Santa Bárbara, de Santiago Cortegoso, gañador da III Bolsa de Dramaturxia do Centro Dramático Galego.