Share

AuGAL. Master Class do Audiovisual Galego: inscrición aberta

Ábrese o período de inscrición na 13ª edición de AuGAL. Master Class do Audiovisual Galego, que organizamos xunto á Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo.

Dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector, esta iniciativa formativa ofrecerá entre os meses de novembro de 2023 e marzo de 2024 oito sesións con proxeccións, coloquios e o terceiro concurso A Canteira-AuGAL, así como un obradoiro de guión.