AuGAL. Master Class do Audiovisual Galego 2023-2024
Un curso máis, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo colaboran na organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego para afondar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente produción galega.
Dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector, esta iniciativa formativa ofrecerá entre os meses de novembro de 2023 e marzo de 2024 a súa 13ª edición arredor de oito sesións con proxeccións, coloquios e o terceiro concurso A Canteira-AuGAL, así como un obradoiro de guión.
Lugar: Facultade de Comunicación (plató de cine ou salón de actos). Campus A Xunqueira (Pontevedra)
Datas: de novembro de 2023 a marzo de 2024
Coordinadores: Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez
Secretaría: agadic [at] xunta.gal (Ref: Augal)
Duración: master class 27 horas | obradoiro 6 horas
Matrícula: gratuíta (prazas limitadas ata completar capacidade). Entregarase diploma de asistencia outorgado pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
PROGRAMA
28 de novembro, 16:00-19:00 h.
1.ª SESION
Longametraxe: O CORPO ABERTO
Gaspar Broullón, produtor
12 de decembro, 16:00-20:00 h.
2.ª SESIÓN
III Concurso A Canteira-Augal
Selección e visionado de oito curtas do curso 2022/2023
Facultade de Comunicación de Pontevedra
Premio á mellor curta
19 de decembro, 16:00-19:00 h
3.ª SESIÓN
Longametraxe: CANDO TOCO UN ANIMAL
Ángel Filgueira, director
Silvia Fuentes e Anxos Fazáns, produtoras
7 de febreiro, 16:00-20:00 h
4.ª SESIÓN
Curtametraxe: ANTES DE QUE SE POÑA O SOL
Nani Matos, director, e Andrea Varela, produtora
Curtametraxe: A ENTREVISTA
Fernando Tato, director
Curtametraxe: AMANECE LA NOCHE MÁS LARGA
Carlos Fernández de Vigo, director, e Lorena Ares, directora
21 de febreiro, 16:00-19:00 h
5.ª SESIÓN
Longametraxe: O CORNO
Jaione Camborda, directora
28 de febreiro, 16:00-20:00 h
6.ª SESIÓN
Longametraxe: SALTA!
Olga Osorio, directora
6 de marzo, 16:00-19:00 h
7.ª SESIÓN
Serie TV. Cap 1 e 2: MOTEL WALKIRIAS
Ghaleb Jaber Martínez, director
13 de marzo, 16:00-19:00 h
8.ª SESIÓ e CLAUSURA
Longametraxe: MATRIA
Álvaro Gago, director
Entrega de diplomas
OBRADOIRO DE GUIÓN: Creación dun microrrelato
Sara Varela, guionista
1.ª SESIÓN: CREACIÓN. Venres 1 de decembro | 16:00-18:00 h.
2.ª SESIÓN: DESENVOLVEMENTO. Venres 15 de decembro | 16:00-18:00 h.
3.ª SESIÓN: PRESENTACIÓN. Venres 9 de febreiro | 16:00-18:00 h.
Inscrición máxima: 15 alumnos/as