Share

AuGAL. Master Class do Audiovisual Galego 2025-2026: inscrición aberta

Un curso máis, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo colaboran na organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego para afondar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente produción galega.

Dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector, esta iniciativa formativa ofrecerá entre os meses de novembro de 2025 e marzo de 2026 a súa 15ª edición arredor de nove sesións con proxeccións, coloquios e o concurso A Canteira-AuGAL.

Inscricións abertas. Matrícula gratuíta (prazas limitadas).