AuGAL. Master Class do Audiovisual Galego 2025-2026
A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia mantén a súa colaboración anual coa Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo para a organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego, a través da que se afonda nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión co foco posto na máis recente produción galega.
Dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector, esta iniciativa formativa ofrecerá entre os meses de novembro de 2025 e marzo de 2026 a súa 15ª edición arredor de nove sesións con proxeccións, coloquios e o concurso A Canteira-AuGAL.
Lugar: Aula de cine da Facultade de Comunicación. Campus A Xunqueira (Pontevedra)
Datas: de novembro de 2025 a marzo de 2026
Coordinador: Paulino Pérez
Asesoría: Álvaro F. Veleiro
Secretaría: augalmasterclass [at] gmail.com
Duración: 31 horas
Matrícula: gratuíta previa inscrición (prazas limitadas). Entregarase diploma de asistencia outorgado pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
PROGRAMA
5 de novembro, 16:00-19:30 h. | 1ª SESIÓN
Selección A Canteira da Fcom - Augal
Visionado da selección de oito curtas producidas na Facultade de Comunicación no curso 2024-2025
Premio á mellor curtametraxe
12 de novembro, 16:00-19:30 h. | 2ª SESIÓN
Master class: DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
Alicia Francés, directora de fotografía
18 de novembro, 16:00-19:30 h. | 3ª SESIÓN
Longametraxe: ANTES DE NÓS (2025)
Ángeles Huerta, directora
26 de novembro, 16:00-19:30 h. | 4ª SESIÓN
Documental: 360 CURVAS (2025)
Alejandro Gándara e Ariadna Silva, dirección
3 de decembro, 16:00-19:30 h. | 5ª SESIÓN
Longametraxe: SAN SIMÓN (2025)
Miguel Ángel Delgado, director
25 de febreiro, 16:00-19:30 h. | 6ª SESIÓN
Curtametraxes
ALGO NOVO QUE CONTAR (2025) Paula Pereira
DELINCUENTE (2025) Alba Domínguez, directora, e Nuria Vil, guionista
UN NOVO DÍA (2025) Gon Caride
CURMÁN (2025) Alejandro Jato
4 de marzo, 16:00-19:30 h. | 7ª SESIÓN
Longametraxe: AS LIÑAS DESCONTINUAS (2025)
Anxos Fazáns, directora, e Silvia Fuentes, produtora
18 de marzo, 16:00-19:30 h. | 8ª SESIÓN
Longametraxe: RONDALLAS (2025)
Daniel Sánchez Arévalo, director
25 de marzo, 16:00-19:30 h. | 9ª SESIÓN
Longametraxe: SIRAT (2025)
ENTREGA DE DIPLOMAS