Share

Voadora estrea en Santiago a ópera 'A amnesia de Clío' en coprodución coa Xunta de Galicia

Voadora estrea en Santiago a ópera 'A amnesia de Clío' en coprodución coa Xunta de Galicia

A compañía Voadora estreará o vindeiro 10 de novembro, ás 20,30 h., en Santiago de Compostela a ópera contemporánea A amnesia de Clío, que suporá ademais o seu debut neste xénero lírico. A Consellería de Cultura e Turismo colabora con este proxecto, que conta coa participación do Centro Dramático Galego (CDG) como entidade coprodutora.
Como escenario da súa estrea, o Auditorio de Galicia acolleu hoxe a presentación aos medios deste espectáculo, na que o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou xunto aos representantes do equipo artístico e co resto das entidades colaboradoras.

 

O responsable da Agadic subliñou a consolidación de Voadora como unha das compañías galegas con maior proxección exterior e lembrou que a súa directora, Marta Pazos, ten liderado montaxes para os centros de produción teatral e operística máis importantes a nivel estatal, como o Teatro Real de Madrid.

 

En galego

Desta volta, ponse á fronte da dirección escénica de A amnesia de Clío, primeira ópera producida pola súa compañía, a partir do libreto en galego de Fernando Epelde e coa composición musical de Fernando Buide. Pola súa banda, Paul Daniel encárgase da dirección musical á batuta da Real Filharmonía de Galicia, mentres que as voces do coro Orfeón Terra A Nosa estarán dirixidas por Miro Moreira. Nos papeis protagonista estarán Raquel Lojendio como Clío, Sebastiá Peris como George e Marina Pardo como Mannon/Merkel.

 

Para Jacobo Sutil, a estrea do día 10 será un dos acontecemento culturais da temporada, do que tamén poderán gozar os espectadores da Coruña que asistan á función do 12 de novembro no Teatro Colón, e de Ourense, no Auditorio Municipal o 14 de novembro en versión concerto.

 

A amnesia de Clíopreséntase como unha viaxe extravagante polo mundo da política, no que realidade e ficción se entrecruzan para dar lugar a unha ópera que a compañía define como contemporánea e cinemática.



-Entradas Santiago

-Entradas A Coruña

-Entradas Ourense

 

-Voadora