Reunión coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia para valorar a situación actual da interpretación na escena e no audiovisual

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo unha xuntanza con membros da directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia para poñer en común a valoración deste colectivo, que agrupa máis de 300 profesionais do sector, respecto a actual situación dos profesionais da interpretación nos ámbitos da escena e do audiovisual.
Ao encontro, no que por parte da asociación participaron Arantza Villar (presidenta), Xosé Barato (secretario) e Alberto Blanco (xerente), tamén acudiu Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, coa que a entidade mantén liñas de colaboración como a que contribúe á organización anual dos Premios de Teatro María Casares.