Share

Os Premios Martín Códax da Música xa teñen finalistas

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais asiste ao encontro no que se deron a coñecer os proxectos que compiten nesta 12ª edición dos galardóns

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou no encontro de finalistas dos Premios Martín Códax da Música, para os que a asociación Músicas ao Vivo volve contar co apoio da Xunta en recoñecemento á súa función como plataforma de difusión do talento musical galego.

As Bodegas Martín Códax de Cambados volveron ser hoxe o escenario deste evento, no transcurso do que se desvelaron os 45 proxectos que competirán nas 15 categorías convocadas, así como dos que o farán nos apartados de Artista Emerxente e Organistrum para salas, festivais e proxectos de comunicación e difusión musical. A continuación, abrirase o prazo de votacións para que o público e as persoas socias de Músicas ao Vivo decidan que artistas e bandas levan as estatuíñas desta 12ª edición na gala que terá lugar o 28 de maio en Pontevedra.