O presidente da Xunta de Galicia visita Conecta FICTION na Cidade da Cultura

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou na Cidade da Cultura Conecta FICTION. O presidente da Xunta percorreu as instalacións deste encontro internacional entre Europa e América para promover a produción televisiva.