O Auditorio Municipal de Ourense ofrece 15 espectáculos como socio da Rede Galega de Teatros que coordina a Xunta
Esta nova carteleira, que se estenderá ata finais de decembro, ten a súa primeira cita mañá día 12 con Cronopios a cargo de Títeres Cachirulo
Dispersas, Teatro do Noroeste, Malasombra, Desafora2, Teatro da Ramboia, Fantoches Baj, Aporía Escénica, Viravolta Títeres, Artesa Cía, Lila Teatro, Baobab, Contraproducións, A la Sombrita e Trécola amosarán tamén as súas propostas

O Auditorio Municipal de Ourense ofrecerá ata finais de decembro 15 funcións doutros tantos espectáculos de teatro para público adulto e infantil, como parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) que coordina a Xunta de Galicia. Así quedou recollido no convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Ourense, que foi asinado hoxe en Santiago de Compostela por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, e Mario González, concelleiro de Cultura da cidade das Burgas.No documento detállase a carteleira deseñada para o público do auditorio ourensán, con especial atención nas fins de semana aos espectadores de máis curta idade. A primeira das citas previstas será xa mañá sábado día 12 ás 17,00 h. coa montaxe Cronopios a cargo de Títeres Cahirulo, unha comedia de enredo na que máis de 40 marionetas recrean a obra de Julio Cortázar.
Completan a actividade da RGTA no Auditorio Municipal de Ourense Producións Dispersas con Todas as marabillas do mundo (20 de outubro), Teatro do Noroeste con Animais de compañía (27 de outubro), Malasombra Producións con Bernarda (31 de outubro), Desafora2 con No hay papel (3 de novembro), Teatro da Ramboia con O meu mundo non é deste reino (7 de novembro), Fantoches Baj con Os romeiros do caracol (10 de novembro), Aporía Escénica con Animal sagrado (17 de novembro), Viravolta Títeres con Contos ao pé da cama (24 de novembro), Artesa Cía con Chola a It Girl (28 de novembro), Baobab Teatro con Mai Mai (15 de decembro), Contraproducións con Commedia (19 de decembro), A la Sombrita Teatro de Títeres con El tesoro de la barracuda (27 de decembro) e Teatro de Marionetas Trécola con The Piccole Theatre (29 de decembro).
Estas representacións forman parte das 205 citas culturais que están a ter lugar entre os meses de agosto e decembro na Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto de exhibición conformado por máis de 40 escenarios galegos.