Itsaso Arana e Jonás Trueba comparten co público da Filmoteca de Galicia un novo encontro do ciclo ‘Close-up’

A Filmoteca de Galicia continúa afondando no cinema con perspectiva de xénero a través do seu ciclo Close-Up, que pon a disposición do público a posibilidade de coñecer de primeira man os procesos creativos de destacados nomes do actual panorama cinematográfico español. É o caso de Itsaso Arana e Jonás Trueba, actriz principal e director da película Volveréis, escrita por ambos e arredor da que xirou o encontro que protagonizaron na sede da cinemateca da Xunta.
Close-Up ofrecerá unha nova sesión esta mesma tarde, ás 19,00 h., cunha mesa redonda sobre os retos dos profesionais da programación cinematográfica en relación coa pluralidade e a inclusión. Javier H. Estrada, xefe de programación da Seminci de Valladolid; Nuria Cubas, directora de Filmadrid, e Irene Castro e Noah Benalal, do colectivo independente Roedor, participarán neste debate, ao que lle seguirá a proxección de Las chicas están bien, a primeira longametraxe de Itsaso Arana.