Actividades de distribución para industrias culturais

Código do procedemento:
Data de publicación:
30 de Marzo de 2017
Dotación:
435.000 €
Prazo de presentación:
31 de Marzo de 2017 ao 31 de Agosto de 2017

As subvencións concédense en réxime de concorrencia non competitiva e ata o esgotamento do crédito orzamentario, polo procedemento abreviado e por orde cronolóxica, tendo en conta a data e hora de entrada no rexistro.

Prazo de resolución:

5 meses

Presentación de solicitudes:

Para as persoas xurídicas e as súas representantes, obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentalas de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.