Shorts from Galicia
Shorts from Galicia é a marca da Xunta para a promoción exterior das curtametraxes galegas que, xunto con Films from Galicia, ocupa un lugar destacado no programa de internacionalización do audiovisual galego como reflexo do potencial creativo do noso cinema, recoñecido en festivais de todo o mundo.
Baixo esta sinatura, publícase cada ano unha escolma con destacados traballos de produción e/ou autoría galega neste formato. A publicación, editada en inglés, conta con versións física e dixital e acompáñase do correspondente vídeo promocional.