As bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de 2024 para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento CT207G), establecen como requisitos de comunicación:
- Incluír, nos títulos de crédito iniciais da produción, cando se trate dunha longametraxe, en tarxeta única, a mención "proxecto cofinanciado pola Unión Europea coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais, Xunta de Galicia", utilizando as súas marcas principais.
- No caso das series, a tarxeta única deberá figurar nos títulos de crédito iniciais do primeiro capítulo ou nos créditos finais de cada un dos demais capítulos, onde se deberá incluír a referencia ao cofinanciamento da Unión Europea, á Axencia Galega das Industrias Culturais, Xunta de Galicia.
- Respectar, en todo caso, as directrices contidas no documento sobre "O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027", así como as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE ) nº 2021/1060.
LOGOTIPOS