Share

Rede Galega de Música ao Vivo: inscrición de concertos

Abrimos do 19 de abril ao 3 de maio o prazo de inscrición no catálogo da Rede Galega de Música ao Vivo cara á configuración da programación 2024-2025 deste circuíto por parte das salas privadas subvencionadas ao abeiro da convocatoria específica de axudas, que será publicada proximamente no DOG.

Poden achegar as súas propostas de concertos solistas ou grupos profesionais con sede, domicilio social ou establecemento permanente en Galicia, quedando excluídas as asociacións culturais.

A inscrición realízase a través da web galescena.gal.