Galicia ProFilme: encontro con Peter Andermatt e Lidia Fraga
Nova sesión de GALICIA PROFILME:
Xoves 24 de abril
Cidade da Cultura de Galicia. Edificio CINC (Auditorio 2). Monte Gaiás s/n. Santiago e Compostela
- 16,30 h
MEDIA ou como navegar as augas do mercado internacional sen afundirse
Cun especial enfoque na animación e os videoxogos, sen deixar de lado a ficción para cine e televisión, PETER ANDERMATT, director da Oficina MEDIA España, abordará as oportunidades que ofrece o programa MEDIA a profesionais de empresas do sector audiovisual.
Nun exercicio práctico, ofrecerase un método para medir o potencial de internacionalización de calquera proxecto ou produtora. Tamén se explicará como poder colaborar coas oficinas MEDIA e optimizar o uso deste programa europeo
- 18,00 h
Plataforma de networking en liña para guionistas do European Writers Club (EWC)
Coa participación da guionista galega LIDIA FRAGA, debullarase o uso desta nova ferramenta de traballo, así como outras vantaxes que ofrece este programa europeo, que conta coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, como membro fundador e actual socio estratéxico.
- Cómpre confirmar asistencia no correo electrónico audiovisual.agadic [at] xunta.galdata-extlink="".