Publicada a nosa memoria de actividade de 2024
Xa está dispoñible para a súa consulta e descarga en formato dixital a Memoria 2024 da Axencia Galega das Industrias Culturais, a través da que ofrecemos o percorrido anual pola actividade desenvolvida co noso apoio polas industrias culturais galegas do audiovisual, a escena e a música.
Como en cada exercicio, o ano 2024 supuxo a despedida dalgunhas medidas e a posta en marcha doutras novas, nunha aposta constante pola innovación e o deseño de accións que dean resposta á evolución e ás necesidades cambiantes do sector cultural. E isto facémolo sempre no marco do diálogo e o consenso cos diferentes colectivos representativos dos diferentes profesionais implicados na creación, a produción e a difusión como eixes fundamentais.
- No apartado de publicacións / edición dixital da web pódense consultar tamén as anteriores memorias publicadas.