Participación no MEET THEM! do Festival de San Sebastián 2026: inscrición aberta ata o 30 de xullo
O Festival Internacional de Cine de San Sebastián convida, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, a unha delegación de ata 12 produtores/as de Galicia a participar no MEET THEM!, para asistir á 74ª edición festival, que terá lugar do 18 ao 26 de setembro, e ás actividades de Industria xunto con profesionais doutros territorios.
As devanditas actividades desenvolveranse entre os días 21 e 23 de setembro. As persoas participantes contarán cunha acreditación de Industria no SSIFF e deberán asistir ao encontro-café que se celebrará o luns 21 de setembro ás 17,00 h. no claustro do Museo San Telmo (praza de Zuloaga, 1).
Para formar parte desta delegación, cómpre enviar unha mensaxe ao enderezo electrónico audiovisual.agadic [at] xunta.gal (audiovisual[dot]agadic[at]xunta[dot]gal), indicando:
NOME E APELIDOS:
EMPRESA PRODUTORA:
E-MAIL:
TELÉFONO:
- Prazo de inscrición: ata o 30 de xullo.
- Só se admitirá unha persoa por empresa (a non ser que non se cubran todas as prazas). Terán preferencia os/as profesionais que asistan por primeira ou segunda vez ao Festival de San Sebastián.
- Lembramos que continúa aberta a convocatoria da liña de subvencións para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos.