Luns na Filmoteca-Galicia ProFilme: encontro con José Luis Cienfuegos
A Axencia Galega das Industrias Culturais retoma o programa formativo Galicia ProFilme coa posta en marcha dos Luns na Filmoteca, un novo ciclo de sesións nas que se abordarán os diferentes aspectos a ter en conta no lanzamento, difusión e distribución dunha película cinematográfica.
Estas xornadas arrancan o vindeiro 17 de marzo, ás 16,00 h., na Sala José Sellier da Filmoteca de Galicia, na Coruña, coa presenza de José Luis Cienfuegos, director da Seminci (Semana Internacional de Cine) de Valladolid, quen nos ofrecerá a súa perspectiva como director artístico dun certame que aposta por filmes autorais que fomentan a reflexión e o debate e contribúen a conformar unha cinematografía máis diversa e plural.
Cómpre confirmar asistencia no correo electrónico audiovisual.agadic [at] xunta.gal. Tamén se pode solicitar cita previa co convidado para consultas sobre proxectos cinematográficos en marcha escribindo a este mesmo mail. A axenda de reunións establecerase por orde de solicitude.