Sesión informativa Horizonte Europa: convocatorias CL2 Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva + WIDERA
Título: Presentación de Convocatorias CL2 Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva + WIDERA de Horizonte Europa
Data: 1 de abril de 2025
Horario: de 10:00h a 14:00h
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia organiza unha xornada de presentación sobre as convocatorias para 2025 do Cluster 2 e do programa WIDERA de Horizonte Europa.
A sesión estará organizada en dous bloques. No primeiro, introducirase o Cluster 2 do programa marco sobre cultura, patrimonio, creatividade e sociedade inclusiva e se presentarán as convocatorias dispoñibles para este ano, dotadas con 440M€. No segundo bloque, informarase sobre as liñas WIDERA (Widening Participaton and Stregthening the European Research Area), cuxo orzamento é de 190M€ para 2025. O principal obxectivo destas convocatorias é promover a excelencia e difusión dos sistemas de investigación e innovación en Europa, favorecendo que a UE avance de forma conxunta neste ámbito.
A xornada terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela (Rúa Airas Nunes s/n) e contará coa participación de Adeline Marcos, Aida Díaz e Mar Mesas, Puntos Nacionais de Contacto para o Cluster 2 e WIDERA, que ademais de presentalas estarán dispoñibles para manter reunións bilaterais coas entidades interesadas.