Share

Galicia Escena PRO: inscrición para profesionais

Galicia Escena PRO

Abrimos do 23 de abril ao 7 de maio, ás 15,00 h., o prazo de inscrición para profesionais do sector das artes escénicas que desexen asistir á 12ª edición do mercado Galicia Escena PRO, que terá lugar en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.

A convocatoria diríxese a:

  • Responsables de programación, en activo, de espazos escénicos públicos e privados
  • Responsables de festivais e feiras de artes escénicas
  • Empresas distribuidoras
  • Compañías
  • Medios de comunicación relacionados coas artes escénicas

Condicións:

  • Acreditarase unha persoa por entidade
  • No caso das persoas responsables de programación, feiras e festivais de artes escénicas, a organización garante unha acreditación con dereito a unha entrada para cada espectáculo e aloxamento en cuarto compartido durante os catro días de feira.
  • No caso das empresas distribuidoras e compañías, garántese unha acreditación con dereito a unha entrada por cada espectáculo e a posibilidade de participar nos encontros profesionais.

Galicia Escena PRO é a feira de artes escénicas promovida desde a Axencia Galega das Industrias Culturais e organizada en colaboración coa asociación profesional Escena Galega, que reúne axentes do sector co obxectivo de estimular a contratación dos espectáculos de produción galega e impulsar a súa proxección social dentro e fóra da Comunidade.