[30/04/2024] Resolución do 30 de abril de 2024 pola que se eleva a definitiva a proposta do tribunal de selección e se dá por concluído o proceso para a provisión con carácter temporal dun posto de experto/a en audiovisuais.
[23/04/2024] Resolución do 23 de abril de 2024 pola que se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas no proceso selectivo para a provisión con carácter temporal dun posto de experto/a en audiovisuais.
[10/04/2024] Resolución do 9 de abril de 2024 pola que se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a provisión con carácter temporal dun posto de experto/a en audiovisuais.
[05/03/2024] A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca un proceso selectivo para a provisión con carácter temporal dun posto de experto/a en audiovisuais, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
O posto insírese no Departamento de Política Audiovisual (Filmoteca de Galicia): grupo III, categoría 36, código ED.A19.40.801.15001.018.
Prazo de solicitude: 15 días naturais a partir do día seguinte ao desta publicación.